Visitas

miércoles, 22 de mayo de 2013

Reciclar pilas tamén axuda ao medio ambiente.

Un feito tan insignificante como reciclar pilas contribúe a coidar o noso ambiente, posto que as pilas funcionan mediante una serie de reaccións químicas que producen electricidade en pequenas ou grandes cantidades e se as tiramos en calquer contenedor ou lugar poden ocasionar daños, un exemplo disto sería que poderiamos evitar efermidades ocasionadas pola súa contaminación da auga.


O reciclaxe de pilas e baterías é unha actividade cuxo obxectivo é reducir o número de pilas e baterías que son descartadas como residuo sólido urbano. É ampliamente promocionada por xente con conciencia medioambiental e coñecementos sobre contaminación, conscientes da contaminación do chan e da auga, debido á adición de metais pesados e outros compostos químicos usados nestes obxectos.


Pensamos que se a xente se preocupara máis en botar as pilas nos contenedores apropiados para o seu reciclaxe, poderiamos reducir considerablemente este número de pilas e baterías posto que non supón moita molestia.


Axúdanos a conseguir un mundo mellor colaborando coas pequenas cousas do día a día.

Andressa de Oliveira e Zaida Bargiela

No hay comentarios:

Publicar un comentario