Visitas

miércoles, 15 de mayo de 2013

R de Reciclaxe

A basura que xeramos, convertiuse nun serio problema medioambiental. Nos últimos 48 anos, se produciron máis residuos que dende a orixe do ser humano ata 1960. Nun primeiro momento, para ubicar estes residuos, creáronse os vertedeiros, mais pouco a pouco estes fóronse saturando. Cada ano, acumúlanse millóns de toneladas neles, e esta basura pode permanecer alí durante millóns de anos. Para evitar esta situación, que afecta sen dúbida e directamente ó noso planeta, existe unha solución sinxela, e que todos e todas podemos levar a cabo sen necesidade de realizar ningún esforzo, e sen saír da casa: RECICLAR. Reciclando, evitamos a contaminación, aforramos materias primas, e disminuímos o gasto de auga e de enerxía. En definitiva, evitamos o deterioro do planeta.
Tan sinxelo como depositar os residuos por separado! Hoxe en día dispoñemos de todo tipo de facilidades para reciclar, por que non aproveitalas? Separando o papel (colector azul) dos orgánicos (colector verde), os envases (colector amarelo) do vidro (colector iglú) etc, contribuímos a salvar o noso planeta.


Lembrade, reciclar é sinxelo, barato e saudable. Animádevos, o benestar do noso planeta está en xogo!


Andrea Rubio

1 comentario:

  1. Sinto dicir que non estou de acordo coa idea que esta entrada pretende transmitir. Para a súa autora, o único e máis importante que temos que facer todos e todas polo benestar do noso planeta é botar cada residuo no seu contedor correspondente. Ela defende a tendencia dominante na maioría da xente, a de "recicla e bótate a durmir", que é altamente insostible. De nada vale reciclar se iso non nos axuda a reducir a cantidade de lixo que xeramos, nin o tipo de lixo que xeramos.
    Quero dicir que non vale de nada depositar os tetrabricks no contedor amarelo se ao final van acabar no vertedoiro, porque non se poden reciclar; o que hai que facer e mercar produtos que non veñan en bricks. Do mesmo modo, é moito mellor para o medio ambiente cambiar as bolsas de plástico polas de tea, aínda que logo depositases as de plástico no contedor amarelo.
    Non pretendo quitarlle importancia á reciclaxe nin á recollida selectiva , pero hai que ter en conta que pese a todo, en España non se reciclan máis que o 11% dos residuos. Este feito dalle aínda máis importancia a que nos esforcemos por producir menos lixo (consumir a granel, retornar os envases, evitar bricks, porexpán, plásticos, aluminio... consumir alimentos frescos que non veñan envasados, etc.)
    A reciclaxe é algo que, despois do feito de botar o lixo no lugar correspondente, deixa de estar da nosa man, e pasa a ser responsabilidade das plantas de reciclaxe e das empresas que as controlan. Pola contra, reducir e cambiar os nosos hábitos de consumo é algo que está totalmente da nosa man, o cal implica que sexamos realmente consciente dos nosos actos e dos nosos logros.

    Irma, 1ºBach B

    ResponderEliminar