Visitas

miércoles, 8 de mayo de 2013

Ti tamén podes axudar!

Se miramos ao noso arredor, podemos apreciar como as nosas propias accións foron facendo que o planeta se vexa afectado seriamente hoxe en día. Isto, a súa vez, vai provocar que as xeracións futuras herden unha situación medioambiental moi alterada da que non son culpables.
A realidade é que se está a producir un fenómeno desastroso para o noso planeta: o cambio climático, que está a provocar desxeos, aumento do nivel do mar, sequías, a extinción de especies animais, etc.
Nós somos conscientes deste feito, e mediante a creación deste blogue, queremos ofrecer propostas para mellorar a nosa calidade de vida e a saúde do noso planeta.

Todos podemos colaborar nesta causa!



-Rocío Nodal, Andrea Rubio-

No hay comentarios:

Publicar un comentario